Investigación, Desenvolvemento e innovación
No eido da Investigación, Desenvolvemento e innovación, os equipos de traballo especializados ofrecen apoio á investigación educativa en colaboración cos centros educativos, coa Administración autonómica, as universidades, grupos de investigación e entidades nacionais e internacionais. Así pois, trabállase na potenciación, deseño e acompañamento do desenvolvemento de recursos, estratexias, actividades, tarefas e métodos cunha sólida base científica e con contrastes reais nos centros educativos. A partir de aí, xéranse propostas educativas innovadoras para levar a cabo na práctica docente.