Misión
Contribuír á mellora e evolución do sistema educativo galego mediante a análise e a prospección educativa, o desenvolvemento e avaliación de tecnoloxías e solucións educativas, a experimentación e a transferencia de coñecemento.
O CIEDix traballa cunha orientación aplicada, conectada coas necesidades dos centros educativos e baseada na evidencia, na colaboración e na procura de respostas viables aos retos presentes e futuros da educación.
Visión
Consolidar o CIEDix como un centro de referencia en innovación educativa e transformación dixital, recoñecido pola súa capacidade para anticipar retos, xerar coñecemento, avaliar e desenvolver solucións e impulsar a súa aplicación no sistema educativo.
O CIEDix aspira a reforzar a súa proxección estatal e internacional mediante a cooperación, o intercambio de coñecemento e a participación en redes e iniciativas estratéxicas.
Valores
O traballo do CIEDix baséase nos seguintes valores:
- Rigor e evidencia, como base para a análise, a experimentación, a avaliación e a toma de decisións.
- Innovación con propósito, orientada a responder a necesidades reais e contribuír á mellora educativa.
- Colaboración e apertura, promovendo o intercambio de coñecemento entre centros educativos, administracións, universidades, empresas e outras entidades.
- Responsabilidade e ética, especialmente no desenvolvemento e uso das tecnoloxías educativas.
- Inclusión e accesibilidade, procurando que as solucións, recursos e contornas contribúan a unha educación máis equitativa.
- Transferencia e impacto, favorecendo que o coñecemento, as experiencias e os resultados poidan ser útiles e aplicables no sistema educativo.
- Compromiso coa comunidade educativa galega, atendendo ás súas necesidades e contribuíndo á evolución e mellora do sistema educativo.


