O Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) está situado no 3º andar do Edificio Fontán da Cidade da Cultura.
O CIEDix dispón de dúas zonas diferenciadas. Unha primeira zona onde se atopan a recepción, os espazos de traballo persoal e as salas de reunións, e unha segunda zona de formación e I+D+i, composto polas zonas Maker, a zona STEAM, unha pequena sala de traballo e a sala de formación.
Zona maker
Espazo de experimentación, probas e desenvolvemento de prototipos equipado de ferramentas e materiais que permiten fomentar a creatividade e a mellora das competencias docentes.
Zona STEAM
Espazo de experimentación, testeo e formación vinculado á Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas como robótica, programación, etc.
Sala de formación
Sala diáfana equipada de equipos informáticos e mobiliario polivalente e flexible que permite o traballo colaborativo e a configuración de diferentes espazos de traballo a distintos niveis.