Ágora Dixital configúrase como unha praza aberta onde o persoal docente pode encontrar información en espazos dixitais en distintos formatos:
LAB-Microsecuencias, con pílulas en aberto e reutilizables, tanto para aprender de maneira flexible como para levar á aula.
LAB-Espazos, con tips para a transformación de espazos educativos, así como para a creación de novos espazos de aprendizaxe.
LAB-Estratexias, con achegas para coñecer e implementar diversas metodoloxías e estratexias de aprendizaxe na aula.
LAB-Expert, con entrevistas e achegas sobre tendencias emerxentes na educación actual.
LAB-Ideas, un punto de reunión e participación para compartir e recomendar información valiosa para o profesorado en forma de recursos, convocatorias, premios, formacións, pilotaxes, proxectos….
LAB-IA, integrar a intelixencia artificial nas escolas é todo un reto, pero tamén, unha oportunidade de mellora da práctica docente. Acompañaremos ao profesorado nesta andaina, con pílulas de información e recursos.