Full STEAM Ahead!

Full STEAM Ahead! é un proxecto Erasmus+ enmarcado na Acción Clave 2 (Cooperación entre organizacións e institucións), orientado á innovación educativa no ámbito STEAM.

O seu obxectivo principal é o deseño e desenvolvemento de recursos educativos STEAM modulares, accesibles e listos para a súa aplicación na aula, baseados en metodoloxías activas, na aprendizaxe práctica e no uso pedagóxico de recursos dixitais. 

O proxecto está coordinado polo CIEDix e conta coa colaboración de entidades de España, Bulgaria, Croacia e Portugal. O consorcio integra centros educativos de distintas etapas, organizacións especializadas en innovación educativa e entidades do ámbito científico, favorecendo unha visión plural e internacional da educación STEAM.

Obxectivos principais

  • Crear recursos educativos STEAM modulares, accesibles, contextualizados e listos para o seu uso na aula.

  • Promover o interese das nenas nas disciplinas STEAM, incorporando referentes femininos e recursos con perspectiva de xénero.

  • Fortalecer a competencia dixital do profesorado e do alumnado.

  • Fomentar o uso de metodoloxías activas, baseadas na investigación, no deseño e na aprendizaxe práctica.

Entidades participantes