Análise e Prospección Educativa

Analizamos tendencias, necesidades, evidencias e resultados para comprender os retos do sistema educativo e anticipar novos escenarios e oportunidades de mellora. Investigamos e valoramos modelos metodolóxicos e organizativos, procesos de ensino, aprendizaxe e avaliación, experiencias piloto e propostas de transformación educativa.

Abordamos tamén os espazos, os equipamentos e as contornas de aprendizaxe desde a súa relación coas metodoloxías, coa organización e coas necesidades dos centros. Transformamos o coñecemento dispoñible en estudos, orientacións e recomendacións rigorosas, viables e útiles para apoiar a toma de decisións e contribuír á mellora do sistema educativo.