Presentación

O Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) é unha institución dependente da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

O CIEDix ten como finalidade contribuír á mellora e evolución do sistema educativo galego mediante a investigación e a análise educativa, a anticipación de novos retos e escenarios, o desenvolvemento e a avaliación de solucións e tecnoloxías educativas, a cooperación con outros axentes e sistemas educativos e a transferencia de coñecemento.

A súa actividade combina análise, deseño, experimentación, pilotaxe e avaliación, cunha orientación aplicada e vinculada ás necesidades dos centros educativos e á mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe.

 

Arquivo de vídeo

 

De acordo co Decreto 204/2022, de 24 de novembro, as principais funcións do CIEDix son:

  • A investigación e o deseño de modelos metodolóxicos para a mellora dos procesos de ensino, aprendizaxe e avaliación.
  • O estudo e a análise de recursos educativos que permitan mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe e a competencia dixital.
  • A análise do deseño dos espazos educativos e do equipamento necesario para a súa adaptación aos cambios organizativos e metodolóxicos.
  • O deseño e a valoración de proxectos innovadores para a proposta de implementación no sistema educativo.
  • A elaboración de estudos e informes en materia de investigación, dixitalización e innovación educativas.

 

Image
ilustración esfera