Estudamos, seleccionamos e avaliamos tecnoloxías, solucións e recursos educativos, tanto existentes no mercado como emerxentes, para determinar a súa utilidade, seguridade, accesibilidade e adecuación aos distintos contextos de ensino e aprendizaxe. Traballamos con intelixencia artificial, robótica, programación, cultura maker, tecnoloxías inmersivas, plataformas e outras ferramentas e solucións dixitais.
Deseñamos, adaptamos e promovemos o desenvolvemento de aplicacións, prototipos e recursos específicos para dar resposta a necesidades educativas concretas. Experimentamos e validamos estas solucións en contextos reais e elaboramos orientacións e recomendacións para favorecer unha utilización pedagóxica, ética, segura e viable da tecnoloxía.