Comunicación e Produción Audiovisual

Facemos visible o traballo do CIEDix e facilitamos que os seus proxectos, recursos e resultados cheguen á comunidade educativa e á sociedade. Planificamos a comunicación institucional, xestionamos os contidos da web e das redes sociais e damos cobertura ás actividades, iniciativas e eventos do centro.

Producimos vídeos, fotografías, pezas gráficas e recursos multimedia, e apoiamos as demais áreas na documentación, presentación e difusión das súas actuacións. Cun carácter transversal, contribuímos a construír unha imaxe coherente, próxima e recoñecible do CIEDix.