Cooperación Estratéxica e Internacionalización
Impulsamos alianzas e colaboracións con centros educativos, universidades, administracións, empresas e entidades científicas, tecnolóxicas, culturais e sociais. Participamos en programas, redes e consorcios de ámbito estatal, europeo e internacional, promovendo o intercambio de coñecemento, as visitas de estudo e o desenvolvemento de iniciativas conxuntas.
A cooperación permítenos ampliar capacidades, coñecer outros sistemas educativos e identificar prácticas, modelos e experiencias de interese, incorporando aprendizaxes procedentes doutros contextos e dando proxección exterior ás iniciativas e aos resultados desenvolvidos en Galicia.