O Centro de Investigación en Educación Dixital (CIEDix) asumirá a coordinación dun grupo de traballo pioneiro para a definición do novo paradigma educativo nos tempos da IA. Este equipo estará formado por profesionais nomeadamente do ámbito tecnolóxico e educativo, co obxectivo de desenvolver iniciativas e estratexias para fomentar a integración efectiva das tecnoloxías dixitais intelixentes no sistema educativo non universitario.
O grupo de traballo, que contará con especialistas de diversos campos, terá como obxectivo tirar o máximo proveito do potencial desta revolución tecnolóxica sobre a base das fortalezas do sistema educativo galego e minimizar posibles ameazas ou escenarios problemáticos, garantindo un enfoque ético, sostible e inclusivo.
A coordinación por parte do CIEDix reforza o seu papel como axente clave na transformación dixital da educación en Galicia. O seu traballo busca que as novas tecnoloxías, como a intelixencia artificial, se integren de maneira efectiva no ensino, favorecendo unha aprendizaxe máis adaptada ás necesidades actuais.