O 6 de setembro de 2024 publicouse a resolución pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o curso 2024/25 destinadas ao funcionariado docente non universitario.
Dentro da convocatoria deste ano (RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024) xorde unha nova submodalidade para a elaboración de materiais en estadías de experimentación e creación no Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix).
Esta submodalidade ten por obxecto ofrecer ao profesorado a oportunidade de testar e experimentar con recursos tecnolóxicos e audiovisuais novidosos para desenvolver secuencias didácticas empregando as ferramentas, materiais, dispositivos e produtos dos que dispón o centro, previa testaxe e investigación deles, baseadas nos métodos indagadores e/ou de deseño.
A partir do 22 de setembro contaremos con diversos perfís de docentes que desenvolverán nas instalacións do CIEDix os proxectos para os que foron seleccionados.