
O Centro de Innovación Educativa e Dixital recibe a visita de representantes do corpo de Inspección educativa da Rexión Educativa da Alta Francia Académie d’Amiens que aglutina os departamentos de Somme, Aisne e Oise en Francia.
Este encontro celebrado o 17 de outubro de 2023 foi facilitado pola Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo. Os seus representantes estiveron tamén presentes e serviu para compartir experiencias, retos e reflexións sobre o papel da avaliación nos procesos de innovación educativa, así como para afondar na dimensión internacional dos sistemas educativos en Europa.
Este intercambio fortaleceu a colaboración interinstitucional e puxo de relevo a importancia de seguir aprendendo uns dos outros a partir de casos de éxito e boas prácticas en ámbitos de interese compartidos.