O consorcio do proxecto Erasmus+ Blended learning for all! visita o CIEDix co obxectivo de explorar novas vías para a integración efectiva das tecnoloxías no currículo

O pasado 7 de febreiro de 2023, o consorcio do proxecto Erasmus+ Blended Learning for all!, coordinado polo CFR de Ferrol e integrado por institucións educativas de Hungría (Instituto de Educación Secundaria Europa 2000), Portugal (Universidade Lusófona) e Turquía (Dirección Provincial de Educación Nacional de Mersin) visitou as instalacións do CIEDix.
Durante a visita, representantes do consorcio e membros do CIEDix tiveron a oportunidade de examinar novas vías para a integración efectiva de tecnoloxías nos currículos escolares. Seguindo esta premisa, discutíronse estratexias innovadoras para optimizar a incorporación de tecnoloxías educativas co fin de promover unha contorna de aprendizaxe máis dinámica, accesible e inclusiva.