O CIEDix comparte cunha delegación de Murcia as súas liñas de traballo en materia de dixitalización inclusiva
Lun, 27/04/2026 - 17:08
Visita DG Murcia

O Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) recibiu a visita institucional do director xeral de Atención á Diversidade da Rexión de Murcia, Pedro Mondéjar, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, nunha xornada de traballo centrada no coñecemento do modelo galego.

Durante a visita, púxose en valor o papel do CIEDix como espazo de referencia na innovación educativa en Galicia, especialmente no impulso de proxectos de dixitalización aplicados ao ámbito educativo. Neste contexto, presentáronse distintas liñas de traballo orientadas a integrar a tecnoloxía como ferramenta clave para avanzar cara a un sistema máis inclusivo.

A delegación puido achegarse a diferentes iniciativas que combinan innovación, inclusión e dixitalización, coñecendo recursos especializados e solucións que favorecen a personalización da aprendizaxe e contribúen a garantir a equidade no acceso aos recursos educativos por parte do alumnado galego.