Fréderic Rouselle, director internacional do grupo de escolas OEC de Lille, visita o CIEDix
Mér, 29/05/2024 - 22:05
Fréderic Rouselle, director internacional do grupo de escolas OEC de Lille, visita o CIEDix

Fréderic Rouselle, o director internacional do Groupe OEC Lille - Ozanam EPIL Campus en Francia, realizou unha visita ao Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) dentro dun proxecto de mobilidade Erasmus+ no ámbito escolar. O obxectivo da súa visita é preparar unha acción de mobilidade escolar co alumnado en colaboración co CPI O Cruce de Cerceda. A cooperación entre o Groupe OEC Lille e o CPI O Cruce enmárcase nos esforzos de ambos centros por ofrecer ao seu alumnado experiencias educativas enriquecedoras e abrir novas oportunidades de aprendizaxe nun contexto internacional. 

A visita ao Centro de Innovación Educativa e Dixital permitiu a Rouselle coñecer de primeira man as distintas áreas de traballo e os proxectos do centro. Ademais, puido explorar os recursos educativos e o equipamento innovador, os proxectos piloto e as estratexias empregadas en Galicia, así como compartir ideas e enfoques co persoal educativo galego.