O Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) participou na xornada de traballo celebrada na sede do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades no marco do proxecto RIECS-Concept (Towards a Pan-European Research Infrastructure for Excellent Citizen Science), financiado por Horizonte Europa.
O encontro, organizado pola Fundación Ibercivis, reuniu a preto de medio cento de representantes de universidades, centros de investigación, administracións públicas e entidades sociais para codeseñar a futura infraestrutura paneuropea de ciencia cidadá de excelencia (RIECS).
Ao longo da xornada abordáronse cuestións clave como a calidade dos datos, a gobernanza, a inclusión e a integración da ciencia cidadá nas políticas públicas. A iniciativa procura consolidar unha rede europea sólida que favoreza a participación da cidadanía na investigación e na innovación.