O pasado 25 de xaneiro de 2024, unha delegación de persoal inspector e docente da Rexión Académica da Borgoña-Franco Condado (Francia) visitaron o CIEDix para coñecer as principais accións e proxectos do centro, en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Ferrol.
Os representantes da Inspección Educativa da Rexión Académica gala, que aglutina máis de 3.000 centros educativos e atende a case medio millón de estudantes, amosaron un especial interese polo no modelo de traballo colaborativo, de investigación e transferencia, así como polo asesoramento levado a cabo no CIEDix. Este modelo destácase por manter un contacto e retroalimentación permanente con entidades, institucións e actores clave no ámbito escolar de diversa natureza coma centros educativos, redes de Formación e Recursos, universidades, axencias de innovación ou startups en EdTech, entre outros.