O pasado 8 de novembro de 2023, un grupo de profesorado do centro educativo Bromangymnasiet da cidade de Hudiksvall (Suecia) xunto con representantes do CPI O Cruce visitaron o Centro de Innovación Educativa e Dixital, no marco do proxecto Adverse Childhood Experience and Inter-Professional Working (Experiencias adversas na Infancia e traballo interprofesional). Este proxecto Erasmus+ KA201, coordinado desde Inglaterra, desenvólvese en colaboración cos servizos sociais do concello de Cerceda e conta con entidades socias en Suecia e Italia.
O CPI O Cruce de Cerceda é un dos centros de referencia de Galicia e do Estado en proxectos europeos Erasmus+ e un exemplo na aplicación das tecnoloxías emerxentes na aula, integrándoas no currículo.
A visita proporcionou unha valiosa oportunidade para o intercambio de coñecementos e boas prácticas entre o persoal docente e asesor de ambos países, fortalecendo así a colaboración internacional no ámbito educativo e o tratamento de experiencias adversas na infancia desde unha perspectiva interdisciplinaria.