INIBIC e CIEDix afondan en accións e estratexias para reforzar as vocacións científicas

O encontro entre o persoal do INIBIC e do CIEDix produciuse o 2 de xuño de 2023

Ven, 02/06/2023 - 13:29
INIBIC

Unha delegación de membros do INIBIC, Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, constituído pola Consellería de Sanidade, o SERGAS, a Universidade da Coruña e a Fundación Profesor Novoa Santos, visitan o CIEDix co obxectivo de reforzar os vínculos co ensino medio.


Tendo en conta os obxectivos comúns de ambas as dúas institucións, afondouse en experiencias e accións encamiñadas á promoción das vocacións científicas, o fomento do STEM, así como das soft skills para o traballo cooperativo e en equipo de carácter multidisciplinar entre o alumnado dos centros educativos galegos. Neste sentido, o INIBIC ofrece visitas programadas para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato con orientación na rama de ciencias.
 

Image
Plató