Representantes da Secretaría Rexional de Educación, Ciencia e Tecnoloxía da Rexión Autónoma da Madeira (Portugal) visitan o CIEDix
Mar, 09/05/2023 - 12:25

O pasado 9 de maio de 2023, o Centro de Innovación Educativa e Dixital recibiu a visita de Jorge Carvalho, Secretario Rexional de Educación, Ciencia e Tecnoloxía do goberno rexional da Madeira (Portugal) e Jose Miguel de Sousa, director xeral de DTIM (Asociación Rexional para o Desenvolvemento das Tecnoloxías de Madeira), entidade formadora certificada que traballa para potenciar o uso transversal das TIC na formación ao longo da vida dos seus socios.
Durante a visita, exploráronse colaboracións para reforzar a integración da tecnoloxía na educación para así contribuír á transformación dixital do ensino. Ambas as partes compartiron ideas, estratexias e boas prácticas para impulsar mecanismos de mellora nos procesos de ensino-aprendizaxe.