Román Rodríguez recibe unha delegación do Goberno cántabro no CIEDix para coñecer a calidade e equidade do sistema educativo
Mar, 14/05/2024 - 12:29
Delegación cántabra no CIEDix

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, deu a benvida no Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) a unha delegación da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades do Goberno de Cantabria, que se atopa en Galicia para explorar a fondo o sistema educativo galego, con especial atención aos seus enfoques de calidade e equidade.

A delegación cántabra está integrada por Reyes Mantilla, directora xeral de Centros e Infraestruturas Educativas; José Luis Blanco, director xeral de Calidade e Equidade Educativa e Ordenación Académica; e os membros da Unidade Técnica de Calidade Educativa, Eduardo Obrado e Araceli Ramírez.

Na axenda de traballo tamén se contempla a visita a varios centros educativos rurais na provincia de Pontevedra, así como reunións técnicas con persoal directivo da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Image
Delegación cántabra no CIEDix

 

 

Image
Delegación cántabra no CIEDix