O pasado 16 de xullo de 2024, o Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) recibiu a visita da Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América, máis coñecida como Comisión Fulbright.
Esta visita institucional tivo como obxectivo explorar novas oportunidades de colaboración e fortalecer os vínculos entre a Comisión Fulbright e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
A delegación da Comisión Fulbright estivo encabezada por Alberto López San Miguel, director Executivo, e Leticia Ibánez Bustamante, xefa de Programa. Durante o encontro, discutíronse temas clave relacionados cos programas de intercambio académico e cultural, así como coa implementación de novas tecnoloxías, equipamento e enfoques metodolóxicos na educación.
Este encontro institucional pon de relevo a importancia do traballo conxunto para promover a excelencia educativa e a internacionalización do coñecemento.