Presentación do novo modelo de webs corporativas dos centros educativos públicos

O novo modelo de webs corporativas dos centros educativos públicos galegos foi presentado hoxe no CIEDix, nun acto que contou coa participación do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; do director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey; e da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.

O CIEDix colabora na creación dun recurso dixital educativo sobre a paisaxe e a cultura galegas

O CIEDix acolleu hoxe a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Consello da Cultura Galega para desenvolver un novo proxecto dixital educativo destinado a promover o coñecemento da xeografía, da paisaxe, da literatura e do patrimonio cultural de Galicia.

O CIEDix acolle a reunión de seguimento do estudo piloto de Peneira

O CIEDix acolleu a reunión de seguimento e análise do estudo piloto de Peneira, unha ferramenta en liña gratuíta desenvolvida polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Peneira permite recoller datos de campo de maneira sinxela e descargalos posteriormente para a súa análise, promovendo o desenvolvemento de proxectos de investigación escolar e ciencia cidadá en ámbitos moi diversos.

Unha delegación da Beijing University of Chemical Technology visita o CIEDix

Unha delegación da Beijing University of Chemical Technology (BUCT) achegouse ao CIEDix para coñecer de primeira man o traballo que desenvolve o centro no ámbito da innovación educativa e dixital en Galicia, nunha visita realizada no marco da colaboración que a universidade chinesa mantén coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O CIEDix comparte cunha delegación de Murcia as súas liñas de traballo en materia de dixitalización inclusiva

O Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) recibiu a visita institucional do director xeral de Atención á Diversidade da Rexión de Murcia, Pedro Mondéjar, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, nunha xornada de traballo centrada no coñecemento do modelo galego.

Subscribirse a