Fréderic Rouselle, director internacional do grupo de escolas OEC de Lille, visita o CIEDix

Fréderic Rouselle, o director internacional do Groupe OEC Lille - Ozanam EPIL Campus en Francia, realizou unha visita ao Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) dentro dun proxecto de mobilidade Erasmus+ no ámbito escolar. O obxectivo da súa visita é preparar unha acción de mobilidade escolar co alumnado en colaboración co CPI O Cruce de Cerceda.

Cristina Mercuri da Università per Stranieri di Perugia visita o Centro de Innovación Educativa e Dixital

O 23 de maio de 2024, Cristina Mercuri, xefa do Servizo de Investigación da Università per Stranieri di Perugia (Italia), visitou as instalacións do Centro de Innovación Educativa e Dixital. A visita, facilitada polo Centro Autonómico de Formación e Innovación, enmárcase nunha mobilidade do programa Erasmus+. 

Román Rodríguez recibe unha delegación do Goberno cántabro no CIEDix para coñecer a calidade e equidade do sistema educativo

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, deu a benvida no Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) a unha delegación da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades do Goberno de Cantabria, que se atopa en Galicia para explorar a fondo o sistema educativo galego, con especial atención aos seus enfoques de calidade e equidade.

Persoal do Instituto estatal de Calidade e Investigación escolar de Baviera afonda no coñecemento do ecosistema educativo galego

O Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) acolle unha nutrida delegación de persoal docente e técnico do Instituto estatal de Calidade e Investigación escolar de Baviera (Alemaña) co obxectivo de coñecer de primeira man o desenvolvemento do ecosistema educativo galego en materia de innovación educativa e dixital. Esta visita encádrase dentro dunha acción Eramus+ KA1, ao abrigo da cal parte do persoal do CIEDix foi convidado a visitar a institución bávara, centros educativos da zona e a Ludwig-Maximilians-Universität en Múnic.  

Representantes da Inspección educativa da Borgoña-Franco Condado visitan o CIEDix para explorar prácticas innovadoras

O pasado 25 de xaneiro de 2024, unha delegación de persoal inspector e docente da Rexión Académica da Borgoña-Franco Condado (Francia) visitaron o CIEDix para coñecer as principais accións e proxectos do centro, en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Ferrol.

Galicia comparte con Andalucía o seu modelo de innovación educativa

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a consejera de Desarrollo Educativo y FP da Junta de Andalucía, Patricia del Pozo, visitaron o 22 de xaneiro de 2024 o Centro de Innovación Educativa e Dixital, na Cidade da Cultura. A delegación andaluza interesouse polas distintas iniciativas que se están a desenvolver neste espazo para a modernización do sistema educativo e na mellora da cualificación do profesorado.

O grupo de traballo de Ágora Dixital reúnese no CIEDix para desenvolver microsecuencias STEM

O persoal docente integrante do grupo de traballo do proxecto Ágora Dixital reuniuse no Centro de Innovación Educativa e Dixital o pasado 23 de novembro de 2023. Esta sesión de traballo conxunta orientouse á creación e deseño de novas microsecuencias de aprendizaxe para a área STEM. As microsecuencias de Ágora Dixital son recursos educativos de carácter pluridisciplinar baseados na experimentación e no enfoque indagativo e manipulativo para as etapas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

Visita ao CIEDix de profesorado do CPI O Cruce e do centro educativo Bromangymnasiet de Hudiksvall (Suecia)

O pasado 8 de novembro de 2023, un grupo de profesorado do centro educativo Bromangymnasiet da cidade de Hudiksvall (Suecia) xunto con representantes do CPI O Cruce visitaron o Centro de Innovación Educativa e Dixital, no marco do proxecto Adverse Childhood Experience and Inter-Professional Working (Experiencias adversas na Infancia e traballo interprofesional). Este proxecto Erasmus+ KA201, coordinado desde Inglaterra, desenvólvese en colaboración cos servizos sociais do concello de Cerceda e conta con entidades socias en Suecia e Italia.

Subscribirse a