Encontro entre o CIEDix e representantes do goberno de Alta Franconia en materia de educación

O 16 de outubro de 2024, o Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) recibiu a visita de representantes do goberno de Alta Franconia de Baviera, Alemaña, en materia de educación. Durante a reunión, abordáronse diversas accións relacionadas coa innovación educativa e dixital, así como coa inclusión e a atención á diversidade, ademais do papel da Inspección educativa.

Fomentando a colaboración: o CIEDix recibe representantes de Educación de diferentes Comunidades Autónomas

O CIEDix recibiu persoal técnico e asesor educativo dos gobernos autonómicos de Castela e León, Aragón, Madrid e Estremadura durante a celebración do primeiro Congreso Internacional Observa_Acción, centrado na formación de boas prácticas educativas, o pasado 4 de outubro de 2023. 

Desenvolvemento e Avaliación de Tecnoloxías Educativas

Estudamos, seleccionamos e avaliamos tecnoloxías, solucións e recursos educativos, tanto existentes no mercado como emerxentes, para determinar a súa utilidade, seguridade, accesibilidade e adecuación aos distintos contextos de ensino e aprendizaxe. Traballamos con intelixencia artificial, robótica, programación, cultura maker, tecnoloxías inmersivas, plataformas e outras ferramentas e solucións dixitais.

Análise e Prospección Educativa

Analizamos tendencias, necesidades, evidencias e resultados para comprender os retos do sistema educativo e anticipar novos escenarios e oportunidades de mellora. Investigamos e valoramos modelos metodolóxicos e organizativos, procesos de ensino, aprendizaxe e avaliación, experiencias piloto e propostas de transformación educativa.

Subscribirse a