O CIEDix comparte cunha delegación de Murcia as súas liñas de traballo en materia de dixitalización inclusiva

O Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) recibiu a visita institucional do director xeral de Atención á Diversidade da Rexión de Murcia, Pedro Mondéjar, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, nunha xornada de traballo centrada no coñecemento do modelo galego.

AVATARES

O CIEDix e o Grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa (TECNOEDUC) desenvolven, no marco do convenio subscrito entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela, o estudo piloto do proxecto AVATARES, en colaboración coa Aula Hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (AHCHUS).

O CIEDix e o Instituto de Ciencias da Educación (ICE) coordinadarán o proxecto AVATARES impulsado pola Xunta de Galicia e a USC para mellorar a atención educativa do alumnado hospitalizado

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) veñen de asinar un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto AVATARES, unha iniciativa innovadora dirixida a mellorar a atención educativa do alumnado con enfermidades crónicas ou de longa duración mediante o uso de tecnoloxía de tele-presenza.

O CIEDix participa no Kick-Off Meeting do proxecto Erasmus+ Full STEAM Ahead! en Braga

O Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) participou o pasado 11 de decembro en Braga (Portugal) no Kick-Off Meeting do proxecto Erasmus+ KA210 Full STEAM Ahead!, unha iniciativa europea centrada na mellora da calidade, a inclusión e a equidade na educación STEAM, así como no fortalecemento da cooperación transnacional entre centros educativos e entidades especializadas.

Visita de estudantes do Máster en Profesorado da USC ao CIEDix

O pasado 12 de novembro, un grupo de estudantes do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela visitou o Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) co obxectivo de coñecer de primeira man a súa estrutura, instalacións, equipamento e metodoloxía de traballo.

Galicia presenta en SIMO o seu modelo referente de educación dixital centrado no benestar e na innovación

A Xunta de Galicia presentou no Salón Internacional de Tecnoloxía e Innovación Educativa (SIMO), celebrado en Madrid, o seu modelo referente de educación dixital, que combina o valor do analóxico coas posibilidades das novas tecnoloxías para promover un uso responsable e centrado no benestar da comunidade educativa.

O CIEDix participa na xornada para o deseño da primeira infraestrutura europea de investigación en ciencia cidadá de excelencia

O Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) participou na xornada de traballo celebrada na sede do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades no marco do proxecto RIECS-Concept (Towards a Pan-European Research Infrastructure for Excellent Citizen Science), financiado por Horizonte Europa.

Un asesor do CIEDix participa na elaboración do informe europeo sobre Intelixencia artificial explicable en educación

O asesor do Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix), José Viñas, formou parte do equipo internacional que elaborou o informe "Explainable AI in Education: Fostering Human Oversight and Shared Responsibility", recentemente publicado no marco do proxecto European Digital Education Hub.

Persoal educativo da Bretaña visita o CIEDix para coñecer o seu modelo de innovación aplicada

O pasado 8 de abril, unha delegación da rexión académica da Bretaña (Francia), composta por persoas inspectoras e responsables de áreas como a inclusión, as linguas estranxeiras ou a formación docente, visitou o Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix) co obxectivo de coñecer de preto a súa estrutura, instalacións, equipamento e metodoloxía de traballo.

Subscribirse a